Actividade 11: O universo 1


Universo; O Universo é todo, sen excepcións. Materia, enerxía, espazo e tempo, todo o que existe forma parte do Universo.

Tamén se chama Cosmos. As ciencias que o estudan son varias, sobre todo dúas: a astronomía e a cosmoloxía. O Universo coñecido contén galaxias, cúmulos de galaxias e estruturas máis grandes chamadas supercúmulos, así como materia intergaláctica. Aínda non sabemos exactamente a súa magnitude.

Galaxia; Unha galaxia é un sistema de estrelas, restos estelares, gases interestelares, po cósmico e materia escura ligados gravitacionalmente entre si. 

O termo "galaxia" provén do latín, que significa literalmente 'leitoso', en referencia á Vía Láctea. As galaxias poden variar en tamaño dende as ananas que conteñen uns poucos miles (103) de estrelas ata as xigantes que poden chegar a ter un trillón (1014) de estrelas, con cada unha destas orbitando o centro de masa da galaxia.

As galaxias categorízanse segundo a súa morfoloxía visual en elípticas, en espiral e irregulares. Pénsase que o núcleo activo de moitas galaxias é un burato negro.

Nebulosa; As nebulosas son nubes de gas e po situadas entre estrelas. O gas está formado nun 90 por cento de hidróxeno, e en menor medida de helio e o resto dos elementos químicos.

Só o 1 por cento das nebulosas é po, principalmente carbono, ferro e silicatos. A aparición das nebulosas depende da presenza de estrelas próximas e da súa interacción coa radiación que emiten. As estrelas nacen no interior da nebulosa a partir do fenómeno de condensación e incorporación de materia. Noutros só se atopan restos de estrelas extintas.

Estrela; Unha estrela é un corpo celeste esférico e astrogravitante, que xera enerxía no seu núcleo mediante reaccións termonucleares. A enerxía xerada emítese ó espazo en forma de radiación electromagnética, vento estelar, e unhas partículas subatómicas que se supón que posúen masa, pero nunha cantidade ínfima: os neutrinos.

As estrelas créanse nas rexións máis densas das nubes moleculares como consecuencia das inestabilidades gravitatorias causadas, principalmente por supernovas ou colisións galácticas. O proceso acelérase unha vez que estas nubes de hidróxeno molecular (H2) empezan a caer sobre si mesmas, alimentado pola cada vez máis intensa atracción gravitatoria. A súa densidade aumenta progresivamente, sendo máis rápido o proceso no centro que na periferia. 

Non tarda moito en formarse un núcleo en contracción moi quente chamado protoestrela. O colapso neste núcleo é, finalmente, detido cando comezan as reaccións nucleares que elevan a presión e temperatura da protoestrela. Unha vez estabilizada a fusión do hidróxeno, considérase que a estrela está na chamada secuencia principal, fase que ocupa aproximadamente un 90% da súa vida.

Cando se esgota o hidróxeno do núcleo da estrela, a súa evolución dependerá da masa e pode converterse nunha anana branca ou estoupar como supernova, deixando tamén un remanente estelar que pode ser unha estrela de neutróns ou un burato negro.

Sistema planetario; Un sistema planetario é un conxunto de obxectos non estelares ligados gravitacionalmente dentro ou fóra da órbita ao redor dunha estrela ou sistema estelar. 

En xeral, os sistemas cun ou máis planetas constitúen un sistema planetario, aínda que estes sistemas tamén poden estar formados por corpos como planetas ananos, asteroides, satélites naturais, meteoroides, cometas, e discos circunstelares. 

O Sol xunto co sistema planetario que xira ao seu redor, incluída a Terra, forma o Sistema Solar. O termo sistema exoplanetario úsase ás veces en referencia a outros sistemas planetarios.

Planeta: Un planeta é un obxecto astronómico que orbita unha estrela que é o suficientemente masivo como para ser redondeado pola súa propia gravidade, pero non o suficientemente masivo como para provocar a fusión termonuclear, e que limpou a súa rexión veciña de planetesimais.

 Non se sabe con certeza como se forman os planetas. A teoría predominante é que o fan durante o colapso dunha nebulosa nun disco fino de gas e po. No centro fórmase unha protoestrela rodeada por un disco protoplanetario xiratorio. A través da acreción (un proceso de coalescencia por colisión), as partículas de gas e po do disco acumulan masa continuamente para formar obxectos cada vez máis grandes. Estas acumulacións de masa, coñecidas como planetesimais, aceleran o proceso de acreción pola atracción gravitatoria de materiais adicionais e fanse cada vez máis densas ata que colapsan pola gravidade para formar protoplanetas. Despois de que un planeta alcanza unha masa algo maior que a de Marte, comeza a reunir unha extensa atmosfera que aumenta a taxa de captura de planetesimais a través da resistencia atmosférica. Segundo o modo de acreción de sólidos e gases, o resultado será un planeta xigante, un xigante de xeo ou un planeta terrestre.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividade 17: A formación da Terra.

Actividade 53: Cal é a esencia do proceso evolutivo.