Actividade 47: A mediciña nos séculos XVII-XIX.
Samuel Thomas von Sömmerring (28 de xaneiro de 1755 - 2 de marzo de 1830) foi un médico, anatomista, antropólogo, paleontólogo e inventor alemán. Sömmerring descubriu a mácula na retina do ollo humano. As súas investigacións sobre o cerebro e o sistema nervioso, sobre os órganos sensoriais, sobre o embrión e as súas malformacións, sobre a estrutura dos pulmóns, etc., convertérono nun dos anatomistas alemáns máis importantes. Tamén destaca a súa invención dun telégrafo electroquímico en 1810. René Théophile Hyacinthe Laënnec , nado na Bretaña francesa en 1781 e faleceu o 13 de agosto de 1826 , foi un recoñecido médico francés de finais do século XVIII e principios do XIX. A súa contribución á medicina moderna é fundamental, debido principalmente á invención do estetoscopio e ao fundamento da práctica clínica da auscultación. Ademais de caracterizar e clasificar diversas enfermidades pulmonares, como a pneumonía e o enfisema, tamén foi a primeira persoa en describir...