Actividade 6: Ciencia vs pseudociencia.
1. Procura na rede algún exemplo de pseudociencia. Describe en que consiste.
As pseudociencias son aquelas prácticas ou teorías que se presentan como ciencia pero que non responden a un método de investigación válido ou non poden ser probadas polo método científico.
Aínda que a ciencia non pode ser falsificable (non se pode refutar), as pseudociencias utilizan datos científicos para defender postulados que non teñen verificación experimental. Normalmente son validados pola sociedade, aínda que moitas veces carecen de fundamentos e lóxica.
Un exemplo da pseudociencia é a:
Acupuntura
A acupuntura é o uso de agullas finas para estimular certas áreas e equilibrar o fluxo de qi. Non hai ningunha base anatómica ou histolóxica coñecida para a existencia de puntos de acupuntura ou meridianos. Foi obxecto de investigacións científicas activas desde finais do século XX, e os seus efectos e aplicación seguen sendo controvertidos entre os investigadores médicos e clínicos. Debido a que é un procedemento máis que unha pílula, o deseño de estudos controlados é un gran desafío, como ocorre cos procedementos cirúrxicos e outros. Algunhas revisións académicas conclúen que os efectos da acupuntura son principalmente un placebo e outros atopan certa probabilidade de eficacia en condicións particulares.
2. O exemplo cumpre cos apartados do método científico? Razoa a resposta.
Non, xa que saltase pasos, como é a experimentación e outros directamente collen datos de outras ciencias que si están probados e os utilizan para que a súa teoría teña un mínimo de sentido, pero non están comprobados cientificamente para que poda pensarse de que dicha "ciencia" funciona e dea datos reais.
3. Indica outros dous exemplos de pseudociencias.
Criptozooloxía
A criptozooloxía tamén destaca entre as pseudociencias relacionadas coa Terra. Baséase na busca de Bigfoot (tamén coñecido como Yeti), o monstro do Lago Ness, o Chupacabra e outras criaturas das que os biólogos están máis que convencidos de que non existen. De feito, un estudo no que se analizaron as supostas mostras de ADN de "O abominable boneco de neve" descubriu a verdade. A maioría das mostras pertencen a osos: os negros asiáticos, os marróns do Himalaia ou tibetanos, polo que nin habita nas montañas de Asia nin é unha criatura inusual.
Flat Earth Society
Comentarios
Publicar un comentario