Actividade 24: A Atmósfera.

 1. Define atmósfera.

A atmosfera é a capa gasosa que rodea a Terra e que se mantén unida co planeta pola forza da gravidade. Entre as súas funcións máis importantes, cómpre sinalar que proporciona aos seres vivos gases esenciais para a vida, forma parte do ciclo hidrolóxico, serve de protección contra os raios cósmicos e distribúe a enerxía solar por toda a Terra.

Ten aproximadamente 1000 quilómetros de espesor e á súa vez está dividido en varias capas concéntricas sucesivas, que se estenden dende a superficie do planeta ata o espazo exterior. Atendendo a unha clasificación en función da distribución da temperatura podemos dividila en troposfera, estratosfera, mesosfera e termosfera.

2. Que é o aire? cal é a súa composición?

En volume está composto, aproximadamente, por un 78,08% de nitróxeno (N2), un 20,94% de osíxeno (O2), un 0,93% de Argón (Ar), un 0,035% de dióxido de carbono (CO2) e un 0,003% de gases inertes, como neón.

3. A atmosfera actual non se parece en nada á primitiva atmósfera da Terra, por que?

A atmosfera máis primitiva non contava co osixeno como un dos elementas máis propagados, habia un porcentaxe moi vaixo. Pero grazas as cianovacterias e colonias destos seres vivos que fan a fotosíntesis, o planeta consegueu moito osixeno, ademáis a atmosfera ao principio non  estaba disposta en capas, foi cando comezou a aparición do osixeno que se dispoñeron dunha forma para poder constituir unha atmosfera.

4. Na atmófera pódense distinguir unha serie de subcapas a distintas alturas. Cales son? E función de que característica se establecen estas capas?

A troposfera esténdese dende a superficie ata uns 10-15 quilómetros de altitude (máis baixa nos polos e máis alta no ecuador). Contén aproximadamente o 75% da masa dos gases totais que forman a atmosfera. Nesta capa a temperatura diminúe coa altitude. Cada 100 m de ascenso a temperatura diminúe 0,64 ºC.

Nesta capa, onde se producen importantes movementos verticais e horizontais de masas de aire (ventos), a maior parte dos contaminantes están dispersos e é aquí onde se producen os fenómenos meteorolóxicos. No extremo superior da troposfera atópase a tropopausa, unha superficie ideal que marca o inicio da estratosfera, a unha altura onde a temperatura alcanza aproximadamente os -57ºC.

A estratosfera esténdese desde a tropopausa (15 km de altitude) ata a estratopausa (50 km de altitude). Nela podemos distinguir dúas partes: a estratosfera inferior, na que a temperatura se mantén constante, e a estratosfera superior, na que a temperatura aumenta a medida que ascendemos e pode alcanzar os - 60C no seu punto máis alto, coincidindo coa estratopausa. O aumento da temperatura na estratosfera débese á presenza de ozono (O3). Localízase aproximadamente a un intervalo de altura de 20 a 40 quilómetros e ten a propiedade de absorber boa parte da radiación ultravioleta (cunha λ inferior a 360 nm) que procede do sol, producindo así este efecto de quecemento. Por riba da estratopausa está a mesosfera, esta capa esténdese por máis de 50 quilómetros, aquí a temperatura baixa de novo ata un mínimo de -85ºC a unha altura de 80 quilómetros. Por riba da mesosfera está a mesopausa.

A termosfera ou ionosfera. A radiación ultravioleta xoga un papel fundamental nesta capa, debido á súa capacidade para disociar as moléculas de nitróxeno e osíxeno existentes. A temperatura sobe de novo ata alcanzar temperaturas de ata 1.500ºC aproximadamente debido á absorción destas radiacións de alta enerxía. Os gases están fortemente ionizados, esta ionización aumenta coa altura e alcanza varios máximos chamados capas: capa D, a base da ionosfera; capa E ou Kennelly-Heavyside, 120 km; Capa F ou Appleton, 160 km e capa Fr de 260 a 350 km. Estas capas ionizadas son condutoras de electricidade e reflicten ondas hertzianas, principalmente ondas curtas. De 600 a 800 km comeza a capa exterior ou exosfera, que só contén o 1% da masa total da atmosfera. Os seus gases están en estado atómico e poden estenderse ata 1200 km.


Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Actividade 17: A formación da Terra.

Actividade 53: Cal é a esencia do proceso evolutivo.