Actividade 26: A xeosfera.

 

1.Cal é a nosa maior fonte de información para estudar o interior da Xeosfera? Que son as descontinuidades?

A forma máis eficiente de coñecer o interior da xeosfera é utilizando o método sísmico.

 Este método utiliza as vibracións da terremotos para explorar o interior terrestre. Estas vibracións, chamadas ondas sísmicas, son ondas elásticas que se xeran pola liberación moi brusca da enerxía almacenada nas rochas sometidas a tensións dinámicas.

Dous tipos de onda, as P, estas vibran na mesma dirección na que se propagan, expandindo e comprimindo os materiais que atravesan, e tamén existen as S, vibran perpoendicularmente a sua direccion na que se propangan, e fan que os materiais que atravesan oscilen dese modo. As ondas S son máis lentas cas ondas P. 

Grazas as descontinuidades que forman as ondas pódense saber o espesor e os materiais das capas. As descontinuidades son debidas a que as ondas cambian a súa velocidade dependendo da solidez do material, cando máis sólido máis rapido, así podese ver a discontinuidade de Mohorovicic, que separa a codía do manto, despois encontrase a de Gutnverg a cal é a máis interesante xa que as ondas S desaparecen, isto debido a que o nucleo exterior é liquido, e despois o nucleo interior de 5100 a 6370Km e solido, vese na descontinuidade de Lehman na que as ondas P volven a subir a súa velocidade.

2. A capa máis interna da Xeosfera é, dependendo da clasificación usada, é o Núcleo ou Endosfera. Indica como é o seu estado e composición química?.

O núcleo da Terra ou endosfera é a masa quente que se atopa no centro mesmo do noso planeta. Está formado por un núcleo interno sólido e un núcleo externo líquido.  
 
O núcleo está composto case na súa totalidade por metais, concretamente ferro e níquel.  
 
Tamén hai elementos que se disolven en ferro, chamados siderófilos. Debido a que estes elementos non son comúns na codia terrestre, moitos siderófilos foron clasificados como "metais preciosos". Isto inclúe ouro, platino e cobalto. 
 
Outro elemento clave no núcleo terrestre é o xofre; de feito, o 90% do xofre da Terra atópase no seu núcleo.  
 
Dise que as temperaturas no núcleo ou centro da Terra oscilan entre 4.400 °C e uns 6.000 °C. O punto central da Terra ten máis de 6.000 km de profundidade, e ata a parte máis externa do núcleo ten case 3.000 km de profundidade.

3. O Núcleo é, en gran parte, o responsable de que o noso planeta teña un campo mágnético. Que é o campo magnético? cal é a sua importancia? que relación ten có Núcleo?

O campo magnético terrestre é o campo magnético que se estende desde o núcleo interno da Terra ata o límite onde se atopa co vento solar; unha corrente de partículas enerxéticas que emanan do Sol. 

O campo magnético terrestre pódese aproximar co campo creado por un dipolo magnético. 

A Terra está maioritariamente protexida do vento solar, unha corrente de partículas cargadas enerxéticas que emanan do Sol, polo seu campo magnético, que desvía a maioría das partículas cargadas. Estas partículas destruirían a capa de ozono, que protexe a Terra dos nocivos raios ultravioleta.

O cálculo da perda de dióxido de carbono da atmosfera marciana —que resulta na captura de ións do vento solar— é consistente coa perda case total da súa atmosfera como resultado da parada do campo magnético do planeta. O campo magnético terrestre prodúcese principalmente polas correntes eléctricas que se producen no núcleo externo, de natureza líquida, que está composto por ferro e níquel fundidos altamente condutores. 

O campo magnético xérase cando unha liña de corrente forma un bucle pechado; un campo magnético cambiante xera un campo eléctrico; e os campos eléctrico e magnético exercen unha forza sobre as cargas que circulan na corrente.

 

4. Continuando cara ao exterior da Terra a seguinte capa é o Mando ou Mesosfera. Indica como é o seu estado e composición química?.

O manto é a capa máis grosa de rocha sólida e quente da Terra. Situado entre a codia terrestre e o núcleo de ferro fundido, constitúe a maior parte do planeta, representando dous terzos da súa masa e o 84% do seu volume. O manto terrestre ten aproximadamente 2.900 quilómetros de espesor. 

As rochas que forman o manto terrestre son na súa maioría silicatos. Os silicatos máis comúns no manto son o olivino, o granate e o piroxeno. Outro tipo de rocha que se adoita observar nesta capa é o óxido de magnesio, acompañado doutros elementos como ferro, aluminio, calcio, sodio e potasio. 

 A temperatura do manto é moi variable, con valores de 1000 °C a 3700 °C. No manto, a calor e a presión aumentan co aumento da profundidade, uns 25° Celsius por quilómetro de profundidade. 

A viscosidade do manto tamén varía significativamente. Normalmente está feito de rocha sólida, pero pode facerse máis viscoso nos límites das placas tectónicas. Dise que as rochas do manto poden ser brandas e moverse plasticamente cando están sometidas a moita presión ao aumentar a profundidade; Isto ocorre ao longo de millóns de anos.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividade 17: A formación da Terra.

Actividade 53: Cal é a esencia do proceso evolutivo.