Actividade 30: Algúns conceptos básicos de bioloxía.

Especie: Son os grupos nos que se dividen os xéneros. Os individuos dunha mesma especie comparten caracteres xenéricos e outros factores que os permiten asemexarse entre sí e distinguirse do resto das especies. Tamén poden reproducirse e dar descendencia fertil.

Evolución: A evolución é o proceso polo cal os organismos cambian ao longo do tempo. As mutacións producen variación xenética nas poboacións e o medio interactúa con estas variacións, seleccionando aqueles individuos que mellor se adaptan ao seu medio. Os individuos mellor adaptados teñen máis descendencia que os menos adaptados. Durante un longo período, unha especie pode evolucionar a outras moitas.

Adaptación: É un proceso fisiolóxico ou un trazo do comportamento dun organismo que evolucionou durante un período de tempo mediante selección natural de tal maneira que incrementa as súas expectativas a longo prazo para reproducirse con éxito. O termo adaptación tamén se utiliza ocasionalmente como sinónimo de selección natural

Ecoloxía: É a disciplina científica da bioloxía que estuda as interrelacións entre os seres vivos e o seu ambiente: é «a bioloxía dos ecosistemas». Estuda como esas interaccións entre os organismos e o seu ambiente afectan á distribución ou a abundancia das especies, entre outras. O concepto de ambiente abrangue a características físicas e químicas (factores abióticos locais, climáticos ou xeolóxicos) e a especies que coexisten neses hábitats.

Biotopo: É o espazo físico, natural e limitado onde habita unha determinada biocenose ou comunidade. Trátase dunha unidade ambiental ocupada por organismos de diversas especies que posúen un hábitat relativamente uniforme.

Biocesose:  É a parte do ecosistema conformado polos organismos vivos, é decir, os animais, plantas e microorganismos, todo aquilo que posea vida é parte da biocenosis, o que tamén denominamos parte biótica.

Célula: É a unidade máis pequena que pode vivir por sí soa. Forma todolos organismos vivos e os texidos do cuerpo. As tres partes principais da célula son a membrana celular, o núcleo e o citoplasma.

Procariota: Son aquelas células que non teñen núcleo diferenciado, de maneira que o seu ADN se encontra localizado no citoplasma pero non encerrado nunha cuberta membranosa como ocurre coas células eucariotas. Ademáis conteñen membrana celular, parede celular, citoplasma e ribosomas. Prácticamente todalas células procariotas son organismos unicelulares.

Eucariota: Son aquelas células cuxo material hereditario (ADN) se encontra envolto por unha membrana, a envoltura nuclear, que forma un núcleo celular. Caracterizanse tamén por presentar citoplasma no que se encontran os distintos orgánulos e o núcleo. Distinguense das procariotas xa que estas no posuen núcleo definido. Existen diferentes tipos de células eucariotas aunque as máis destacables són as animais e vexetais.

Organismo: Un organismo ou ser vivo é un individuo singular e diferenciado, composto por un conxunto de materia orgánica xerárquica e especializada. Está formado por sistemas bioquímicos de transmisión e comunicación, que lle permiten preservar o seu equilibrio interno ao tempo que intercambia materia e enerxía co medio circundante. Noutras palabras, un organismo é un ser vivo, dotado da capacidade de alimentarse, crecer, reproducirse e morrer.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividade 17: A formación da Terra.

Actividade 53: Cal é a esencia do proceso evolutivo.