Actividade 33: As formas acelulares.
1. Que son?
O término acelular significa literalmente "sen células" e se refere a todas aquelas entidades xenéticas o replicadores independentes capaces de replicarse e trasladarse entre diferentes células como os virus, viroides e plásmidos.
Están formados por macromoléculas, grandes moléculas orgánicas, propias dos seres vivos. Son capaces de facer copias de si mesmos, non directamente, senón utilizando os recursos das células vivas que parasitan.
2. Que tipos hai?
Virus: Están constituídos por un ácido nucleico (ADN ou ARN) envolto por unha estrutura protectora, la capside, formada por porteinas. A capside ten formas moi variadas. Os virus poden parasitar e causar enfermidades a bacterias, células vexetais e animais, pero son altamente específicos en canto ao hospede que parasita. Cando o virus entra en contacto con unha célula a que pode invadir, ingresa e utiliza o metabolismo e os recursos da mesma para facer copias das partículas que os forman. Cando xa están sintetizadas, ensamblanse dentro das células e se liberan provocando a morte da mesma. Este proceso chamase replicación viral. Cada virus liberado está en condicións de invadir e matar novas células.
Viroides: Son máis simples ca os virus, xa que están formados só por unha molécula de ARN, sen cuberta protectora. Replicasen dentro das células vexetais, e causan enfermidades relacionadas co desenrolo e crecemento anormais.
Prións: Son aún máis simples ca os viroides porque consisten nunha proteina anormal, infectiva xa que ten a capacidade de transformar proteinas normais en prións. Causan enfermidades dexenerativas do tecido nervioso afectando só aos animais, anque tamén poden aquexar ao ser humano.
3. Son seres vivos ou non? Razoa a resposta.
Non son considerados seres vivos xa que os virus non son células, son pequenos fragmentos de ADN ou ARN, xeralmente encapsulados nunha envoltura baseada en proteínas, non poden obter enerxía, alimentarse, reproducirse, de forma independente. Son estruturas que non teñen metabolismo propio, e precisan das células dun organismo vivo para multiplicarse. O virus, unha vez que está dentro da célula, pasa o seu ARN e ADN ao núcleo e replícase que deixa a célula para infectar outras células e seguir multiplicándose. E isto sucede tamén cos seres acelulares máis simples ao non poder reproducirse por si mesmos nin alimentarse sen un hospede non son considerados seres vivos.
Comentarios
Publicar un comentario