Actividade 42: O encéfalo.

  1. Cal é a parte máis primitiva do noso cerebro? cal é a súa función?

 Coñecido entre os científicos como "cerebro reptiliano". Encárgase dos instintos máis básicos, os relacionados coa supervivencia, como a procura de alimento, o desexo sexual, as pelexas e o mecanismo de fuxida ante o perigo. Este cerebro nin pensa nin sente emocións, simplemente actúa cando o corpo llo di. É responsable das funcións fisiolóxicas involuntarias, entre elas: o control hormonal e a temperatura, así como a fame, a sede, a respiración, etc.  

Gran parte do noso comportamento emana desta área do noso cerebro. Mantívose ao longo dos séculos, para ser máis precisos hai 200 millóns de anos. O cerebro réptil contempla a necesidade de atopar parella, ter un fogar, elixir os nosos líderes, comer e sobrevivir.

 
  2. Que parte do cerebro desenvolveuse coa aparición dos mamíferos? que nos aportou?

 Coa aparición do mamífero desenvolveuse a corteza e o sistema límbico, que rodeou o talo encefálico, o cal nos aportou o aprendizaxe e a memoria.

 
  3. Que é do que se encarga o neocortex?

As áreas do neocórtex constitúen o manto neuronal máis recente (palio), que cobre cada lóbulo cerebral dos mamíferos. Desenvólvese en primates e moi desenvolvido no xénero Homo.
No neocórtex sempre se pode recoñecer a estratificación en seis capas horizontais (do I ao VI), distinguibles segundo o tipo neuronal e as conexións que presenta.
 
Principais funcións: Tendo en conta que constitúe o 90% da cortiza cerebral, é lóxico pensar que esta parte do cerebro é de gran importancia no funcionamento normal do ser humano. 

O neocórtex considérase a área cerebral responsable da nosa capacidade de razoamento, permitindo o pensamento lóxico e a conciencia. É a área do cerebro que permite todas as funcións mentais superiores e funcións executivas (especialmente situadas no lóbulo frontal). 

  4. Cal é a diferenza fundamental a nivel do encéfalo entre os humanos e os chimpancés?

Os cerebros dos chimpancés e dos humanos case non se distinguen á vista. Pero a nosa corteza está máis desarrollada, aínda así a maior diferenza atópase na cantidade de certas cousas, por exemplo temos máis neuronas, máis neocorteza... A corteza dos humanos é dun 80% e dos chimpancés dun 76%. O cal nos permite facer máis cousas e máis complexas. Resumindo, nesa pequena diferenza atópase a clave da distancia entre uns e outros, xa que a maior neocortex maior é o número de células e de conexións entre elas e polo tanto maior é a capacidade de observación, reflexión e aprendizaxe.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividade 17: A formación da Terra.

Actividade 53: Cal é a esencia do proceso evolutivo.