Actividade 43: Os orixes máxicos da mediciña.
A orixe da medicina remóntase practicamente á propia aparición do ser humano, pero as enfermidades que podemos detectar nos esqueletos do paleolítico e neolítico son enfermidades óseas coma a artrites , isto xa que as enfermidades óseas conservase no esqueleto, pero as causadas por virus ou bacterias non, entón no podemos coñecer dunha forma simple as enfermidades que tiñan os nosos antecesores e se tiñan forma de curalas, salvo as óseas xa que no Neolítico hai indicios evidentes de que xa se realizaron trepanacións nesta época.
Pero nese momento histórico as enfermidades eran vistas como maldicións acontecidas polos deuses devida a unha acción impura, e os seus métodos tiñan máis que ver co animismo que coa propia ciencia.
Nesa época xa existían os denominados chamáns, (que seguen existindo nalgunhas sociedades nomades e primitivas hoxe en día) estes son utilizados de ponte entre o mundo terrenal e o espiritual, este era un dos altos cargos nas sociedades primitivas devido a que pode percivir as auras e os seus estados, entón pode percivir en ti se presentas algunha enfermidade, conseguendo así un diagnostico sen a necesidade de tocarche ou preguntar.
Para os chamáns, hai dúas causas principais polas que estás enfermo.
Algo que está dentro da persoa e non debería estar alí: Chámase "intrusión" e quítase con "extracción", a causa máis común de intrusión é a que provoca medo, ansiedade ou estrés. Xeralmente ligado ao estilo de vida da persoa.
E algo que debería estar dentro da persoa e non está: Chámase “abstracción” e remédiase cun proceso chamado “recuperación”. A abstracción pode ser o resultado do desperdicio de enerxía e da perda de vitalidade.
Estos poderíanse considerarse os precursores da medicina.
Comentarios
Publicar un comentario