Actividade 46: A idade media.
1. Cal era a concepción cristiana da enfermidade?
A Igrexa católica determinou o curso da medicina no seu conxunto. Aqueles postulados que non se axustaban ás súas directrices eran cualificados de herexía e levaban severos castigos como a queima na fogueira.
Os médicos da Idade Media descoñecían a orixe das enfermidades e por influencias relixiosas afirmaban que esta era a consecuencia do castigo de Deus aos pecadores. O sufrimento na Terra foi un precepto que chegou a ser visto como parte inherente da existencia humana. A relación dunha persoa coa súa enfermidade foi vista desde unha perspectiva espiritual. Era común pensar no destino ou os pecados como xustificación de calquera sufrimento. Así foi como as oracións e os actos de fe comezaron a ser os camiños posibles cara á curación.
Os médicos tamén crían nos encantos, na sorte e nos acontecementos astrolóxicos. Na época de epidemias como a Peste Negra, os especialistas non podían facer fronte á gran cantidade de mortes da poboación.
2. A que se encomendou o tratamento dos enfermos? cales eran os hospitais da época?
Durante a Idade Media en Castela a medicina clínica era practicada por musulmáns e xudeus que baseaban os seus tratamentos na ciencia; porén, esta medicina clínica conviviu cunha medicina paramédica ou supersticiosa que era practicada por eclesiásticos, curandeiros, santos ou mesmo charlatáns vagabundos.
Non foi ata o ano 1340 cando se crea o Ordenamento Xurídico de Alcalá que estableceu determinadas calidades, obrigas e dereitos que debían ter os médicos para exercer no reino de Castela. Tamén con esta Orde foi prohibido o exercicio da medicina por parte dos eclesiásticos.
Poderíamos distinguir dous tipos de consultas médicas na Idade Media en Castela: a medicina cristiá e a medicina clínica. A medicina cristiá era practicada polos monxes nos mosteiros onde coidaban os seus pacientes e recebían un remedio para calmar a súa dor. Ademais, estes mosteiros ou conventos tiñan os seus propios boticarios. Por outra banda, atopamos a medicina interna practicada por musulmáns e xudeus. Moitos destes doutores eran tamén astrónomos, matemáticos e cosmógrafos, polo que se lles coñecía comunmente como físicos. Ademais, a de médico era unha profesión que se herdaba de pais a fillos e que os eximía da obriga de levar símbolos relixiosos na roupa. Un destes médicos foi Ali Ben Almagerethi, que xa no século XII promoveu o uso dos baños públicos como remedio preventivo e hixiénico. Estes baños eran pouco ou nada frecuentados polos cristiáns, o que terá como consecuencia que padecerán máis enfermidades que os xudeus ou os musulmáns e que contribuirá a fomentar o odio cara a estes últimos.
Os hospitais na época medieval tiñan unha triple función: atendían aos enfermos; actuaban como asilos, recollendo aos necesitados e tamén funcionaban como pousadas, xa que daban acubillo temporal a peregrinos e viaxeiros de estatus modesto. A maior parte dos hospitais medievais eran de fundación eclesiástica, aínda que tamén os houbo, sobre todo pola ruta xacobea, de creación real. Nos dous últimos séculos da Idade Media, porén, houbo importantes desenvolvementos no ámbito dos hospitais.
3. Indica o nome de, alomenos, tres médicos de orixe árabe famosos.
Comentarios
Publicar un comentario