Actividade 47: A mediciña nos séculos XVII-XIX.

 

Samuel Thomas von Sömmerring (28 de xaneiro de 1755 - 2 de marzo de 1830) foi un médico, anatomista, antropólogo, paleontólogo e inventor alemán. Sömmerring descubriu a mácula na retina do ollo humano. As súas investigacións sobre o cerebro e o sistema nervioso, sobre os órganos sensoriais, sobre o embrión e as súas malformacións, sobre a estrutura dos pulmóns, etc., convertérono nun dos anatomistas alemáns máis importantes. Tamén destaca a súa invención dun telégrafo electroquímico en 1810.

René Théophile Hyacinthe Laënnec, nado na Bretaña francesa en 1781 e faleceu o 13 de agosto de 1826, foi un recoñecido médico francés de finais do século XVIII e principios do XIX.

A súa contribución á medicina moderna é fundamental, debido principalmente á invención do estetoscopio e ao fundamento da práctica clínica da auscultación. Ademais de caracterizar e clasificar diversas enfermidades pulmonares, como a pneumonía e o enfisema, tamén foi a primeira persoa en describir con detalle a cirrose, unha enfermidade hepática frecuente nos alcohólicos.

Edward Jenner foi un médico inglés, nado en 1749 e faleceu o  26 de enero de 1823. É considerado por moitos o pai da inmunoloxía, ademais de ser membro da Royal Society como zoólogo.

Foi o inventor da vacinación (cuxo nome fai referencia ao gando empregado para realizar o procedemento). A primeira vacina elaborada utilizouse para inmunizar aos pacientes contra a varíola, desenvolvida a partir do virus da varíola, tamén patóxeno pero moito menos grave. Considérase a primeira persoa en utilizar a vacinación para deter o progreso epidémico dunha enfermidade.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividade 17: A formación da Terra.

Actividade 53: Cal é a esencia do proceso evolutivo.