Actividade 48: Diagnose e tratamento.

 Define: 

diagnóstico: Análise que se realiza para determinar calquera situación e cales son as tendencias. Esta determinación realízase en base a datos e feitos recollidos e ordenados sistematicamente, que permiten un mellor xuízo do que está a suceder.

O diagnóstico médico ou propedéutico clínico é o procedemento polo cal se identifica unha enfermidade, entidade nosolóxica, síndrome ou calquera estado patolóxico ou de saúde.

medicamento: Substancia utilizada para curar ou previr unha enfermidade, para reducir os seus efectos no organismo ou para aliviar a dor física.

ciruxía: A cirurxía é a práctica que implica a manipulación mecánica de estruturas anatómicas con fins médicos, xa sexa diagnóstico, terapéutico ou pronóstico.

patentes (dos medicamentos): Subvención do goberno que outorga a propiedade exclusiva dunha invención/descubrimento e dereitos exclusivos para vender, usar e distribuír dito invento/descubrimento.

transplante (de órganos): Un transplante é a substitución dun órgano ou tecido enfermo por outro que funcione correctamente. Hoxe é unha técnica médica moi desenvolvida que consegue magníficos resultados para os receptores. Porén, require necesariamente a existencia de doadores.

principio activo: É calquera substancia ou mestura de substancias destinada á fabricación dun medicamento e que, cando se utiliza na súa elaboración, pasa a ser un compoñente activo do devandito medicamento destinado a exercer unha acción farmacolóxica, inmunolóxica ou metabólica co fin de restablecer, corrixir ou modificar funcións fisiolóxicas. , ou para establecer un diagnóstico.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividade 17: A formación da Terra.

Actividade 53: Cal é a esencia do proceso evolutivo.