Actividade 60: Novas tecnoloxías e materiais (segunda parte)

nanorobots: Son pequenos robots que, aínda que están desenvolvidos para diferentes ámbitos de traballo, están deseñados principalmente para realizar traballos científicos. En concreto, estase a probar para ser introducidas no corpo humano co fin de chegar a onde non chegan outras tecnoloxías dun xeito máis selectivo e eficiente.

internet das cousas: É o proceso que permite conectar elementos físicos cotiáns a Internet: desde obxectos domésticos comúns, como bombillas, ata recursos sanitarios, como dispositivos médicos; tamén inclúe roupa e artigos persoais e mesmo sistemas de cidade intelixente.

tecnoloxía LED:  LED provén de Light Emitting Diode que traducido ao galego é un diodo emisor de luz. Son dispositivos semicondutores de estado sólido de alta resistencia que, ao recibir unha corrente eléctrica de moi baixa intensidade, emiten luz de forma eficiente e con alto rendemento. Son capaces de converter a enerxía eléctrica directamente en luz.

big data: O big data consiste en desenvolver mecanismos capaces de procesar e xestionar datos masivos que proceden de diversas fontes e que serven para atopar patróns repetitivos, modelos preditivos ou estatísticas máis precisas dentro deses millóns de datos. En definitiva, o obxectivo é procesar estes datos para convertelos en información susceptible de ser interpretada polo ser humano e que lle axude a tomar decisións.

intelixencia artificial: É a combinación de algoritmos proposta coa finalidade de crear máquinas que teñan as mesmas capacidades que o ser humano. Unha tecnoloxía que aínda nos queda afastada e misteriosa, pero que dende hai uns anos está presente no noso día a día a todas horas.

blockchain: É un tipo de base de datos distribuída que mantén un rexistro de transaccións permanente e a proba de manipulacións. A base de datos blockchain consta de dous tipos de rexistros: transaccións individuais e bloques.

domótica: sistemas capaces de automatizar unha vivenda ou edificio de calquera tipo, proporcionando servizos de xestión enerxética, seguridade, benestar e comunicación, e que poden integrarse a través de redes de comunicación internas e externas, cableadas ou sen fíos, e cuxo control goza de certa ubicuidade, desde dentro e fóra da casa. Poderíase definir como a integración da tecnoloxía no deseño intelixente dunha zona pechada.

computación na nube: É a entrega de recursos informáticos virtualizados a través de Internet. É a informática como servizo, ofrecido baixo demanda, de pago por uso, a través dunha plataforma de servizos na nube.

metaverso: Son ambientes onde os humanos interactúan social e económicamente como avatares, a través dun software nun ciberespazo, que actúa como metáfora do mundo real, pero sen as súas limitacións.

O metaverso está composto xeralmente por múltiples espazos virtuais tridimensionais compartidos e persistentes ligados a un universo virtual percibido.

GPS: Significa "sistema de posicionamento global". O GPS é un sistema de navegación baseado en 24 satélites (21 operativos e 3 de reserva), en órbita sobre o planeta terra que envía información sobre a posición dunha persoa ou obxecto en calquera momento e condicións meteorolóxicas.

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Actividade 17: A formación da Terra.

Actividade 53: Cal é a esencia do proceso evolutivo.